A Axencia Galega da Innovación (GAIN) publica o 18 de xuño de 2014 a convocatoria de axudas dirixidas aos organismos de investigación de Galicia para incentivar a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación que promovan as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema Galego de Innovación ao través do desenvolvemento conxunto de liñas de I+D+i de alto impacto.

Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia mediante convocatorias específicas de apoio a súa creación, posta en marcha e impulso das xa existentes, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:

  • Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i
  • Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento
  • Posta en valor dos grupos de investigación
  • Aproximar os organismos de investigación á empresa
  • Atraer a Galicia liñas de I+D+i
  • Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado