O proxecto de Unidad Mixta de Mobilidade Sustentable está composto por dúss entidades participantes que son Gas Natural Fenosa e o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética, EnergyLab.

O Grupo Gas Natural é unha multinacional de servizos enerxéticos na que a súa empresa matriz, Gas Natural SDG, S.A, en adiante Gas Natural Fenosa, é o resultado da fusión por absorción con Unión Fenosa. A empresa actual é a primeira compañía integrada de gas e electricidade de España, unha das dez primeiras ”utilities” europeas, o primeiro operador mundial de gas natural licuado (GNL) na conca atlántica, e un dos principais operadores de ciclos combinados do mundo.

O grupo persegue un reforzamento dos negocios existentes, entre os que poden destacar os seguintes eixos: a integración vertical na cadea enerxética, a internacionalización do grupo e o desenvolvemento de tecnoloxías de produción e consumo enerxético que máis se correspondan cunha economía enerxéticamente sustentable, e a seguridade de subministro. A entidade ten presenza con actividade en 23 países, e ten un forte peso en Latinoamérica, ademais conta con máis de 20 M de clientes, 9 deles están en España, e 18,7 GW de potencia eléctrica instalada en todo o mundo.

O Grupo Gas Natural desenvolve unha importante actividade de innovación, que vai dende a vixilancia tecnolóxica ata o desenvolvemento de proxectos nos diferentes niveis da escala da I+D+ii.

3 GNFvpColor-02

EnergyLab é unha fundación privada sen ánimo de lucro coa misión de identificar, desenvolver, promover e difundir tecnoloxías, procesos, produtos e hábitos de consumo que permitan a mellora da eficiencia e sustentabilidade enerxética na industria, na construción, no transporte e na sociedade en xeral.

A súa visión é ser un centro de referencia a nivel internacional especializado no impulso da eficiencia e sustentabilidade enerxética con capacidade de orientar, coordinar e liderar proxectos innovadores cun impacto destacado sobre a sociedade, a economía, e o medio ambiente.

As actividades que desenvolve fundaméntanse no desenvolvemento de proxectos de I+D, monitorización e tratamento de datos para o deseño de sistemas de monitorización a medida, simulacións enerxéticas e de impacto ambiental, estudos enerxéticos e asesoramentos tecnolóxicos, implantación de sistemas de xestión enerxética, certificación enerxética de edificios, vixilancia do estado das diferentes tecnoloxías de eficiencia enerxética e o estudo da súa aplicación, ao través da investigación aplicada e de proxectos demostrativos e difusión de resultados e formación e capacitación de técnicos.

logotipo