Obxectivo Principal

O obxectivo principal da Unidade Mixta é o análise, deseño, optimización e desenvolvemento de novos procesos, sistemas e servizos tecnolóxicos en relación co uso de gas natural e biometano para as aplicacións de mobilidade marítima e agraria, coa intención de converterse nunha referencia nacional neste campo e que permita a realización de proxectos demostrativos.

Obxectivos Específicos

Os obxectivos específicos deste proxecto son os seguintes:

Área Mobilidade marítima y agraria

  • Obtención de coñecemento sobre os sistemas de propulsión alimentados por gas co fin de xeneralizar o seu uso no sector marítimo e agrícola.
  • Obtención de coñecemento sobre a combustión de gas nun motor de ciclo térmico adaptado para o uso marítimo e agrario.
  • Obtención de coñecemento dos sistemas de acumulación en función da tecnoloxía aplicada.
  • Obtención de coñecemento acerca do impacto da composición do gas combustible no sistema de alimentación
  • Obtención de coñecemento ao redor dos sistemas de obtención de biometano coas características máis axeitadas para o seu uso na propulsión marítima
  • Obtención do coñecemento para empregar a simulación para a obtención da configuración idónea dos sistemas de adecuación que permitan a acumulación e alimentación axeitada.
  • Obtención do coñecemento ao detalle da regulación para propoñer novos marcos de encaixe deste tipo de sistemas.
  • Obtención do coñecemento para o emprego do gas con todas as garantías, como combustible en motores.

Área Limpeza e Purificación de Biogás

  • Obtención do método máis optimizado para a eliminación de impurezas de biogás e para a obtención de biometano purificado.
  • Obtención do coñecemento sobre novos materiais que se podan empregar para a limpeza e purificación de biogás.
  • Desenvolvemento e integración de diferentes procesos para a eliminación parcial ou total do CO2 no biogás.
  • Desenvolvemento de ferramentas que permitan modelizar os sistemas de limpeza e optimización de biogás en programas de simulación.
  • Desenvolvemento de novos procesos optimizados na produción de biogás para minimizar os métodos de limpeza e garantir unha maior produción de biogás de alta calidade.