Segundo a convocatoria de Unidades Mixtas desenvolta pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), “A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020-RIS3 establece os obxectivos e prioridades de I+D+i en Galicia para ese período, polo que é requisito que as áreas de investigación das unidades mixtas estean aliñadas con estes obxectivos e prioridades.”

Os obxectivos do proxecto de Unidade Mixta de Mobilidade Sustentable alíñanse con varios dos retos do RIS3 co obxectivo de concentrar de forma eficiente os recursos dispoñibles para a xeración e explotación do coñecemento no contexto rexional, ao servizo dun número concreto de prioridades ou retos vinculados ás fortalezas e avantaxes competitivas da rexión.

Destácanse as prioridades do RIS3 aliñadas cos nosos obxectivos:

  • Prioridade 1.2: Acuicultura. Liña con iniciativas que contribúen á mellora da competitividade do sector e fomente a creación de emprego estable e de calidade.
  • Prioridade 1.4: Modernización dos sectores primarios galegos (agricultura, pesca, gandaría e forestal). Aumentar a competitividade na produción e transformación dos recursos naturais de Galicia dende unha perspectiva bioeconómica e medioambiental, mellorando os indicadores de eficiencia e rendemento das explotacións ata a sustentabilidade e garantindo a conservación e explotación sustentable dos recursos naturais.
  • Prioridade 2.2: Potenciar la competitividade do sector industrial galego ao través da optimización de procesos produtivos. Apoiar a transformación dos modelos produtivos ata unha produción máis ecoinnovadora e eficiente orientada á optimización de procesos e a xeración de produtos baseados no coñecemento respectuoso co medio ambiente.